Estás aquí:

Código: 488

A senda de sal

15,50  IVE INCLUIDO
Premio de novela por entregas "La Voz de Galicia 2017"
Un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a necesidade de relatar uns episodios cruciais da súa mocidade. Unha serie de acontecementos que se remontan á Segunda Guerra Mundial, cando Vigo xogou un papel clandestino pero decisivo, e que tiveron un impacto histórico considerable. A senda de sal arrinca co encontro entre ese mariñeiro e unha muller en crise, a quen escolle para rescatar da memoria máis distante aqueles feitos en que, sendo neno, tivo unha participación fundamenteal. O autor combina á perfección o emprego ben dosificado dun estilo de claras reminiscencias literarias coa eficacia narrativa, facendo que a intriga medre en intensidade. Na costa sur de Galicia conflúen os dous bandos que pouco despois daberían de enfrontarse na contenda bélica mundial: aliados e nazis. Un drama no que os galegos tamén se verán implicados.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 136
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 364
Edición: 1ª ed.ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-088-8
Observacións: 1ª impr.

AUTORES/AS

Fernández Davila, Fran
Fran Fernández Davila

(Vigo, 1974) é o fillo de Humberto, mecánico engraxador nun barco de pesca de altura, e Benilde, ama de casa, labrega e obreira nunha fábrica de conservas. Grazas ao duro esforzo dos seus pais e irmáns estudou enxeñaría, profesión que vén exercendo dende o ano 2000, deseñando e construíndo máquinas e instalacións que conxelen e conserven cousas. Gústalle viaxar, o café con natas, e bota de menos xogar ao fútbol cos amigos. Tocou o bombardino na banda de San Miguel de Oia durante dez anos e comezou a escribir en 2016 como terapia antiestrés. Dende entón, e ata este ano, gañou máis dunha trintena de premios, a metade de poesía e a metade de narrativa, o que o levou a múltiples publicacións colectivas e sete libros individuais, catro novelas, A senda de sal (Editorial Galaxia, 2017), Alana (2018), 
O bosque do duque. ‘s-Hertogenbosch (Editorial Galaxia, 2022), Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas (2023) e os seus dous poemarios en solitario: Mover os marcos (2019) e koиpostєla (2023). Groenlandia é a súa quinta novela.

As súas obras

A senda de sal
a-senda-de-sal
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE